O Concello coloca un panel informativo no porto de Cangas
Hoxe procedeuse a instalación dun panel informativo no peirao de Cangas onde aparecen indicadas as 38 praias do municipio así como os principais atractivos turísticos do patrimonio histórico e natural da vila. O mapa situouse preto da oficina de turismo da Estación de Autobuses, un lugar estratéxico de por onde chegan centos de turistas a través da liña marítima Vigo- Cangas. As tarefas de instalación foron seguidas de cerca pola concelleira de Turismo Berta Pérez que resaltou que “o obxectivo desta iniciativa é achegar unha primeira fonte de información ao visitante que chega a Cangas, para que se oriente e tamén para que coñece dende o primeiro momento todo o que ofrece a nosa vila” afirma.
O panel ten dúas caras, unha adicada as praias e monumentos localizados na Ría de Vigo e outra sobre as localizadas na Ría Aldán. Ademais de o nome das praias tamen aparecen fotos de monumentos tan representativos como a Capela do Hospital, o santuario de O Facho ou Cabo Home entre outros. Dende a Concellería de Turismo adiantan que as praias que sexan galardoadas este ano coa bandeira azul contarán cun distintivo especial no panel.











