O Comité organizador ultima o programa de actividades de Xantar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+
Reunión do comité de Xantar

Reunión do comité de Xantar

O comité organizador de Xantar, integrado por distintos axentes sociais vencellados á gastronomía e ó turismo,  reuniuse hoxe en Expourense para perfilar os detalles da vindeira edición do salón que terá lugar no recinto feiral ourensán entre o 5 e o 9 de febrero e que se estará como cita internacional. A participación de Cuba como país convidado será unha das principais novidades xunto a un completo programa de máis de 50 actividades orientadas a profesionais e afeccionados que por vez primeira será de carácter gratuíto.

Actividades

O programa de actividades de Xantar 2014 incluirá tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións. Entre as novidades desta edición destaca a conferencia inaugural “Seguridade Alimentaria e a colaboración público-privada no desenvolvemento dos agronegocios” impartida polo conselleiro principal de Cooperación Técnica da FAO (Organización das nación Unidas para a Alimentación e a Agricultura), Alberto López-Asenjo.

Entre as novidades deste ano destaca o feito de que Xantar será o espazo elixido para realizar un encontro de blogueiros gastronómicos previsto para o xoves 6 de febrero que contará con participantes de Galicia, Asturias e Castela e León. O acto central deste encontro será o showcooking “Blogueiros nos fogóns” que terá lugar ás 18.00 h. e que estará impartido por Alberto Marcos (Salamanca) do Blog “Mucha Vida”, Carmen Albo (Vigo) do Blog “Guisándomela la Vida” e Reyes de Vicente (Asturias) do Blog “Carrot Cake”.

Entre os obradoiros de cociña en directo desta edición destacan, entre outros, o de gastronomía de Entroido impartido polo Grupo Nove, o de cociña ao baleiro e

conservación de alimentos ofrecido polo Centro Superior de  Hostalería de Galicia, ademais dos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural e do Mar que terán a finalidade de poner en valor os productos con Denominación de Orixe galega. Non faltarán tampouco obradoiros de cociña e repostería para celiacos, de nova cociña galega, de gastronomía sefardí ou de repostería creativa, unha das tencias actuáis con máis seguidores.

Este programa completarase con catas comentadas de viños naturais D.O. Ribeira Sacra ou de aceites galegos e andaluces, entre outros, e degustación de produtos das cooperativas galegas ou dos protagonistas das festas gastronómicas dalgúns concellos.

Celebrarase tamén a segunda edición do “Concurso Prato Xantar” que nesta ocasión conta con dúas categorías: profesionais e afeccionados. Os interesados en participar deben preparar unha receita con alomenos tres produtos con Denominación de Orixe e inscribirse a través da web ou chamando por teléfono ó 988 36 60 30.

Turismo de proximidade

O comité organizador ultimou os detalles das distintas acción destinadas a promover o turismo interno e de proximidade. Para este fin, puxéronse en marcha distintos paquetes que teñen a finalidade de estimular ó público final a visitar Ourense e reforzar un dos obxectivos principais desta cita: promocionar o turismo a través da gastronomía.

Paquete tren

Xantar repite o denominado Paquete Tren orientado aos visitantes procedentes, sobre todo, de A Coruña e Santiago de Compostela que poden achegarse a Ourense na liñea de Alta Velocidade, AVANT. A partir de 50 euros, este paquete inclúe viaxe en tren, traslados desde e ata a estación, visita guiada ó casco histórico e a área termal e almorzó nun dos restaurantes de Xantar. Este paquete poderá reservarse a fin de semana do 8 e 9 de febreiro.

Convén recordar ademais que todos os visitantes que acudan a Xantar en tren dende cualquera parte de España obterán un 30% de desconto, incluída Alta Velocidade e AVANT. Este Bono-descuento de RENFE pode obterse en www.xantar.org.

A organización creou tamén outros paquetes especiais dirixidos a colectivos concretos como é o caso dos estudantes das escolas de hostalaría de toda España e Portugal e  das confrarías gastronómicas e enolóxicas participantes no X Encontro Internacional.

15 de xaneiro de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.