O colexio vigués ‘Miralba Hijas de Jesús’, xunto a alumnos británicos de intercambio, visitan Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Os estudantes durante a visita a Cangas

Os estudantes durante a visita a Cangas

Ao longo da mañá de hoxe máis de media centea de alumnos de 4º de ESO do colexio Miralba Hijas de Jesús’ de Vigo realizaron unha visita guiada polo casco histórico de Cangas a través do servizo municipal de turismo.  Os estudantes, entre os que se encontraban 14 alumnos procedentes da localidade británica de Washall que se encontran en España de intercambio, comezaron a súa visita ás 10.00 horas saíndo dende a Estación de Autobuses. Ao longo de todo o percorrido a guía foi explicando a historia de Cangas así como a riqueza do seu patrimonio histórico, monumental e paisaxístico. Os visitantes percorreron lugares tan emblemáticos como a Capela do Hospital, a ex-colexiata de Cangas ou Alameda Vella. Tamén realizaron unha parada na Praza de Abastos para coñecer de primeira man o seu funcionamento. Dende o equipo docente que acompañaba ao alumnos sinalaron que “xa é a cuarta ou quinta vez que facemos esta actividade” afirman, “parécenos un forma excelente de que os alumnos coñezan o seu entorno, especialmente os estudantes que veñen de intercambio” engaden.

Dende a Concellería de Turismo se traballa no impulso deste tipo de servizos gratuíto dirixidos a posta en valor dos patrimonio histórico e cultural da vila así como de ampliar e enriquecer a oferta de actividades lúdicas e de lecer para todos os visitantes que recalan en Cangas ao longo de todo o ano.

31 de xaneiro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.