O Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia organiza unhas xornadas de eficiencia enerxética en Santiago
O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) en colaboración coa revista Dínamo Técnica organiza unha Xornada de aforro e eficiencia enerxética en instalacións industriais, que terá lugar o vindeiro xoves 30 de xaneiro no edificio CERSIA de Santiago de Compostela. A xornada, con horario de mañá e tarde, reunirá a un total de nove relatores e tres moderadores, referentes do sector da enerxía na comunidade galega.
A asistencia é gratuíta. Os interesados poden facer a inscrición a través dun formulario. É necesaria a confirmación por parte da organización xa que hai un número limitado de prazas.
Título: “Aforro e eficiencia enerxética en instalacións industriais”
Data: xoves, 30 de xaneiro de 2014
Lugar: Edificio CERSIA en Santiago de Compostela.
PROGRAMA PROVISIONAL:
08:45 Acreditación de participantes.
09:00 MESA 1: AFORRO EN ENERXÍA ELÉCTRICA
Modera: Oriol Sarmiento, editor da revista Dínamo Técnica.
“Novas modalidades de compra de enerxía eléctrica: Compra En liña e compra vinculada ao pool”.
Relator: D. Joaquín Jarrín, Gener Xerencia Enerxética.
“OTEA. Sistema de monitorización, control e xestión enerxética de instalacións. Intelixencia artificial”.
Relator: D. Pedro Pérez, Socio e Administrador de Ecomanagement Technology S.L.
“Eficiencia enerxética en distribución eléctrica”
Relator: D. Carlos Rivas, Responsable de I+D de Elinsa.
11:00 Café
11:45 MESA 2: AFORRO EN ILUMINACIÓN
Modera: Roberto Carlos González Fernández, Delegado de ICOIIG en Vigo.
“Eficiencia enerxética en iluminación a través de telemedida e comunicacións”
Relator: D. Iago Martínez, Xerente de Edison Galicia.
“Eficiencia enerxética en iluminación industrial”
Relator: Relator pendente de confirmar, Philips.
‘Auditorías Enerxéticas en iluminación industrial e M&V de Aforros’
Relator: César Barreira, responsable da área de Industria en EnergyLab.
14:00-15:30
15:30: EFICIENCIA ENERXÉTICA NA INDUSTRIA E NO SECTOR TERCIARIO
Modera: Fernando Branco Silva, Delegado de ICOIIG en Santiago.
“Servizos Enerxéticos en residencias da terceira idade: caso práctico”
Relator: D. Rafael Sanmartín, Ferrovial Servizos.
“Climatización de edificios do sector terciario”
Relator: D. José Luís García Angulo, Atecyr.
“Xestión Enerxética, un servizo enerxético integral para a eficiencia das industrias”
Relator: Ramón Silva Burgos, Innovación e desenvolvemento de servizos enerxéticos de Gas Natural Fenosa.











