O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia é contrario á implantación da titulación de Enxeñaría Física

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia desexa facer constar a súa oposición a unha posible implantación da titulación de Enxeñaría Física na nosa comunidade, xa que se trata dunha titulación que daría lugar á emisión dunha profesión sen competencias profesionais e cunha saída laboral moi dubidosa.

Un posicionamento que de ningunha maneira é unha afronta á cidade de Ourense ou ao seu campus universitario, senón que se trata dunha actitude responsable diante da sociedade e que pretende garantir a calidade da formación que reciben os alumnos. Neste sentido, o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia lembra que, de porse en marcha esta titulación sen competencias profesionais, nuns anos poderíanse xerar problemas de intrusismo profesional. Por iso, o Consello Xeral de Colexios de Enxeñeiros Industriais xa recorreu xudicialmente a implantación dunha titulación similar na Universidade Politécnica de Cataluña (ORDE ECO/68/2013, de 9 de abril).

O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia considera que as profesións relacionadas coa tecnoloxía e as ciencias débense complementar, pero asegurando a diferenza entre ambas. A creación dun híbrido como esta suposta titulación en Enxeñaría Física supón introducir no mercado laboral un novo perfil que repite as competencias profesionais da Licenciatura en Física, pero introducíndolle un sufijo de “Enxeñaría” para tratar de facela máis atractivo no mercado. Ademais, lembran que ambos os campos (o da Enxeñaría e o da Física) contan xa con oferta formativa en Galicia.

24 de xaneiro de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.