O Club Tenis e Padel Soutomaior entrega a Cáritas a recadación do torneo benéfico da agrupación deportiva
Despois de 4 días de competición, finalizou o domingo 19 de xaneiro o I Torneo Benéfico da Agrupación Deportiva Tenis e Padel Soutomaior que contou coa colaboración do Concello de Soutomaior.
O fin deste Torneo era recadar diñeiro e doalos á Asociación Cáritas da parroquia de Arcade.
A recadación foi de 400 € entre os 75 inscritos e as doazóns de persoas non participantes e socios deste club local.
O torneo estableceuse en tres categorías: Tenis Dobres, Pádel Masculino e Pádel Feminino.
Nas categorías de tenis modalidade dobres o cadro formárono 12 parellas no que despois, dunha liguiña de 4 grupos de 3 equipos, os primeiros de cada grupo disputaron as semifinais.
A primeira semifinal enfrontou a Miguel e Michi contra Alejandro e Casiano con vitoria para estes últimos e a segunda semifinal formouse polas parellas de Alfonso e Agulla contra Rubén e Alberto Lois con vitoria tamén para estes.
O partido entre os vencedores das semifinais deu como resultado a vitoria final de Rubén e Alberto Lois que se proclamaron campións.
Na categoría de padel feminino (cadro con 9 parellas e fase de consolación) acabou co seguinte cadro de honra:
CAMPIOAS: BELÉN E EVA
SUBCAMPIOAS: VIKY E MÓNICA
CAMPIOAS DE CONSOLACIÓN: SISI E DORES
SUBCAMPIOAS DE CONSOLACIÓN: MARTA E KARINA
Na categoría de padel masculino (cadro con 16 parellas e fase de consolación) acabou proclamando campións a Rafa e Pablo e quedou así o cadro final
CAMPIÓNS: RAFA E PABLO
SUBCAMPIÓNS: ESTEBAN E TATI
CAMPIÓNS DE CONSOLACIÓN: BORJA E FRAN
SUBCAMPIÓNS DE CONSOLACIÓN: FERNANDO E LOIS











