O club Gamboa de Vigo visita Cangas

Visita das mulleres de Gamboa
Un grupo de 31 mulleres do Club Gamboa de Vigo realizaron unha visita guiada gratuíta pola vila de Cangas grazas ao servizo municipal de turismo. O percorrido, de case unha hora de duración, permitiu ás asistentes coñecer de preto o rico patrimonio histórico e artístico da localidade. A Capela do Hospital, a ex-colexiata de Santiago e a Alameda Vella son algún dos lugares onde se detiveron. Despois desta visita o colectivo dirixiuse a parroquia de Aldán para contemplar unhas das danzas ancestrais de Cangas, concretamente a danza de San Sebastián en Aldán, que conta con máis de 300 anos de vida e que está declarada coas de San Roque de O Hío e a Danza de Darbo, Ben de Interese Turístico Galego.











