publicidade hoxe

O Club de Opinión Portocelo tratará a reforma da lei do aborto na mesa de debate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O Club de Opinión Portocelo organiza unha sesión da mesa de debate “A propósito da reforma da lei do aborto” que terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Marín o xoves 30 de xaneiro, ás 20.00 h.

A presentación correrá a cargo da xornalista-escritora Elena Gallego Abad e intervirán a psicóloga psicodramatista Antolina Fernández González (histórica loitadora polos dereitos da muller), o Dr. Diego Murillo Solís, presidente da Comisión Deontolóxica do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra e Coloma Viúdez Lomba, portavoz das asociacións Red Madre en Galicia.

Tamén se presentará a ponencia “Católicas por el derecho a decidir” da man da súa autora, Mar Grandal Seco.

29 de xaneiro de 2014 | 14:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.