O club de lectura xuvenil de Oroso celebra a súa primeira reunión do ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O club de lectura xuvenil de Oroso “En busca do libro perdido” celebrará mañá venres 24 de xaneiro a súa primeira reunión do ano. Trátase dunha iniciativa incluída no Programa de Animación á Lectura do Concello de Oroso e que está dirixida a rapaces e rapazas entre 8 e 12 anos de idade, que se achegan ao mundo dos libros a través de xogos, enigmas, novas tecnoloxías, retos e probas coas que deben descubrir cada mes cal é o famoso “libro perdido”. A cita é na aula infantil da Biblioteca Municipal de Sigüeiro ás 18:00 horas.

Así mesmo, o sábado 25 de xaneiro, ás 11:00 horas, a Biblioteca Municipal de Sigüeiro acollerá unha nova sesión de contacontos, que este mes xiran en torno á paz e á interculturalidade baixo a lenda: “Imos levarnos ben”. Os contacontos están recomendados para nenos e nenas de entre 3 e 9 anos, tendo en conta que os menores de 4 anos deben estar acompañados por un adulto.

A asistencia tanto ao club de lectura como aos contacontos é totalmente de balde, se ben é preciso reservar praza na propia biblioteca ou a través do teléfono 981 690 903.

23 de xaneiro de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.