O ciclo Poetas Di(n)versos regresa o luns á Ágora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Cultura informa de que o vindeiro luns, 3 de febreiro, o centro Ágora acolle unha nova sesión do ciclo de Poetas Di(n)versos, un programa que achega aos coruñeses a poesía a través da súa lectura pública. Nesta ocasión, as protagonistas serán a pontevedresa Elvira Riveiro e a finlandesa Merja Virolainen.

O acto, de entrada gratuíta até completa o aforamento e que incluirá a firma dos exemplares publicados polas dúas autoras, desenvolverase o 3 de febreiro, a partir das 20.30 horas, no centro sociocultural Ágora. Elvira Riveiro é unha dos novas poetas máis activas e premiadas da última década; mentres que Merja Virolainen, residente en Helsinqui, dirixe a escola de escritura creativa máis prestixiosa do país. Traduciranse os versos de Virolainen ao galego e que se poden atopar no volume Con barqueira e remador, publicado en 2013. Estas traducións serán interpretadas por Yolanda Castaño, coordinadora do ciclo que patrocina a Concellaría de Cultura.

Merja Virolainen é autora de cinco poemarios, unha obra de teatro e unha colección de relatos. Tamén é editora, profesora de escritura creativa, crítica literaria e tradutora de poesía inglesa, alemá e sueca. Está considerada unha das máis importantes poetas da súa xeración en Finlandia. Pola súa banda, a carreira literaria de Elvira Riveiro empezou en internet en 2003 e desde entón logrou recoñecementos como o Rosalía de Castro de Cornellá, finalista do Merlín ou da Asociación Galega de Editores, o Victoriano Taibo de Poesía, ou o Avelina Valladares, entre outros premios.

31 de xaneiro de 2014 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.