O ciclo de cine de Ferrol dedicado a Tim Burton con versión orixinal realizarase os xoves de febreiro, marzo e abril
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, informa sobre o cambio de día para as proxeccións do novo ciclo de cine en versión orixinal subtitulada (VOS) que se desenvolverá nos meses de febreiro, marzo e abril. Así, as proxeccións pasarán a ter lugar os xoves ás 20:30 horas nos Cines Dúplex, situados no barrio de Esteiro, e a entrada será gratuíta.
Os espectadores poderán gozar, durante estes tres meses, coa proxección das grandes obras audiovisuais do director Tim Burton. A programación prevista para as proxeccións en versión orixinal subtitulada é a seguinte:
Febreiro
-06 de febreiro: “Charlie y la fábrica de chocolate” (2005)
-13 de febreiro: “Sweeney Todd” (2007)
-20 de febreiro: “Batman” (1989)
-27 de febreiro: “Batman Vuelve” (1992)
Marzo
-06 de marzo: “La gran aventura de Pee-Wee” (1985)
-13 de marzo: “La novia cadáver” (2005)
-20 de marzo: “Sombras tenebrosas” (2012)
-27 de marzo: “Mars Attacks!” (1996)
Abril
-03 de abril: “Bitelchus” (1998)