O centro sociocultural de Paiosaco acollerá a mostra do VII Premio de arte gráfico “Jesús Núñez”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaCalendario
A-
A+

O centro sociocultural de Paiosaco acollerá desde o martes da próxima semana, día 21 de xaneiro, e ata o 4 febreiro a exposición do VII Premio Internacional de Arte Gráfico “Jesús Núñez” convocado pola Deputación Provincial da Coruña.

O certame contou coa participación dun total de 238 artistas, dos cales 112 foron nacionais (24 deles, galegos) e 126, internacionais, con especial presenza de participantes procedentes de países como, entre outros, Arxentina, México, Italia, Brasil, Alemania, Bulgaria e Siria, un claro indicativo de que se trata dun premio de referencia nesta modalidade.

A mostra poderase presenciar gratuitamente en Paiosaco, de luns a domingo e en horario de 16.00 a 20.00 horas. Constará de 30 obras, entre as cales se atoparán as tres premiadas (a do creador madrileño Juan Lara, a zaragozana Laura Flores e a abulense Silvia Pascual) e outras 27 seleccionadas polo xurado do concurso.

18 de xaneiro de 2014 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.