O Centro Comercial Arousa acollerá a exposición “Bicicletas antigas e clásicas”
O Centro Comercial Arousa inaugurará mañá, ás 20:00 h., e na primeira planta, Bicicletas antigas e clásicas, unha exposición que propón unha viaxe pola historia recente da bicicleta en España, e que está composta por preto de 20 bicicletas de principios do século XX e até a actualidade, da colección da Asociación Nacional de Bicicletas Antigas e Clásicas.
A mostra inclúe tamén outras pezas como accesorios, recambios ou catálogos orixinais da época, así como algúns dos vehículos a dúas rodas máis rechamantes da cultura asiática.
O acto contará coa presenza do alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, e da concelleira de Deportes e presidenta da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais, Elena Suárez, que estarán acompañados presidente da Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Arousa, Guillermo Lariño, o director do centro, Javier Refojo, e o presidente da Asociación Nacional de Bicicletas Antigas e Clásicas –Anbac-, Juan Selectos.











