O CEIP Frián-Teis foi galardoado polo proxecto ‘A lingua sabe a pan’ nos Premios Nacionais de Educación 2013

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
Vázquez Abad na visita ao centro

Vázquez Abad na visita ao centro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe aos estudantes do CEIP Frián- Teis, en Vigo, que foron galardoados nos Premios Nacionais de Educación 2013 polo seu traballo en torno ao Desenrolo de Competencia de Lectoescritura e Audiovisuais co proxecto ‘A lingua sabe a pan’, que fomenta a lectura e a tradición oral.

O traballo, promovido desde a biblioteca do centro, está inspirado na frase de Álvaro Cunqueiro “Unha lingua é boa cando sabe a pan, cando sabe a pan fresco”, e tiña como obxectivo a posta en valor da tradición oral, fomentar o uso da lingua oral e coñecer os principais elementos folclóricos vinculados á cultura agraria e aos muíños.

Así durante todo o curso os estudantes de educación infantil e todos os cursos de primaria realizaron traballos en torno a estes elementos ao tempo que teatralizaron relatos tradicionais. Para desenvolver todo o proxecto foron básicas as TIC á hora da difusión con gravacións en vídeo das exposicións orais, e todas as actividades foron recollidas no blog da biblioteca.

Investimentos no centro

O conselleiro, que estivo acompañado pola directora do centro, María Olga Alonso, e polo xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, percorreu o centro no que estudan 329 alumnos e comprobou o estado das instalacións.

Cómpre sinalar que a Consellería acondicionou o espazo do comedor escolar deste colexio, do mesmo xeito que fixo no Otero Pedraio, Balaídos, O Pombal e os IES Illas Cíes e Pintor Laxeiro o que supuxo un investimento de 1,5 millóns de euros enmarcados no compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia de ampliar o número de comensais que podan facer uso do servizo complementario de comedor escolar, dando resposta as necesidades dos escolares de ditos centros.

Xunto a actuación do comedor Cultura e Educación leva investidos no CEIP Frián- Teis mais de 325.000 euros tanto en melloras nas infraestruturas con cambios e melloras nas carpinterías e nas cubertas e saneamentos, así como en achegas relativas á biblioteca escolar a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e están a participar no programa Abalar desde o 2012.

31 de xaneiro de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.