O Ceip da Lama acomete a reforma integral dos vestiarios e as duchas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+

O Concello da Lama está a realizar unha obra de reforma integral dos vestiarios e as duchas do Ceip da Lama. Esta obra lévase a cabo ao 50% entre o Concello e a Consellería de Educación, xa que esta última aporta os materiais e o Concello a man de obra.

As obras tamén contemplan a creación dunha ducha adaptada a minusválidos, realizando as adaptacións precisas para eliminar as barreiras arquitectónicas. Tanto o alcalde como a comunidade educativa están satisfeitos coa iniciativa, que ambos consideraban precisa.

9 de xaneiro de 2014 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.