O carballiñés Alfonso Medela comeza unha serie de concertos por toda a comunidade galega
O músico carballiñés Alfonso Medela realizará varios concertos en toda Galicia. Destacar entre estes concertos os que ofrecerá co seu grupo Alfonso Medela Latin Jazz Nonet , na provincia de Ourense, o primeiro deles o día 24 de xaneiro no Carballiño, no café concerto Don Paco, con venda anticipada, e o 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, no auditorio de Ourense. Os compoñentes de Alfonso Medela Jazz Latin Nonet, son todos músicos consagrados, a maior parte compoñentes de formacións premiadas na primeira edición dos premios da música como o grupo Dakidarría,Marcos Pin Factor E-Reset,Transilvanians,etc.











