O Burela viaxa a Mallorca para enfrontarse ante o Hospital Llevant Manacor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela Pescados Rubén desprázase a Palma de Mallorca para xogar a vixésima xornada da Primeira División LNFS ante o Hospital Llevant Manacor. O duelo ante os baleares dispútase na Palma Area de Mallorca o venres 17, ás 20.30 horas. A escuadra galega busca prolongar o seu bo inicio de ano coa súa terceira vitoria consecutiva para continuar a súa escalada na clasificación, actualmente é sétimo con 25 puntos. En fronte terá a un conxunto que destaca principalmente “pola boa presión que realizan en zona adiantada coa que xeran moitos contragolpes perigosos” advertiu o técnico burelense, Juanlu Alonso. A pesar da súa posición na táboa, penúltimos con 15 puntos, os manacorís son un equipo moi correúdo “teñen o selo do seu técnico, Tomás de Deus. Son tremendamente competitivos e teñen un quinteto forte. O seu punto débil é que a rotación é un pouco xusta e, ás veces, os partidos fánselles demasiado longos”.

Na segunda volta o Burela Pescados Rubén sumou 9 puntos, polos 4 contabilizados na primeira antes do duelo cos baleares que en Vista Alegre saíron derrotados por  7-6, nun encontro trepidente e con alternativas no xogo e o marcador. Na Palma Area os burelenses xogarán por sumar “un novo triunfo para aumentar a nosa dinámica positiva e seguir reforzando a confianza do grupo”. O equipo mariñán non contará para este partido con Hugo, debido a unha lesión no xeonllo dereito pendente de diágnóstico definitivo. Tamén é dúbida a participación de Álex e Juanma, ambos por un proceso gripal. A pesar diso Juanlu indicou que “non podemos lamentarnos por nada, son circunstancias habituais que pasan durante a tempada e confiamos en todo o persoal. Simplemente esperar que a lesión de Hugo sexa de escasa gravidade”.

CONVOCATORIA

Burela Pescados Rubén: Edu, Isi, Christian, Antoñito, Burrito, Matamoros, Álex, Mimi, Carlitos, Iago Míguez e Juanma. É baixa Hugo por lesión no xeonllo dereito.

16 de xaneiro de 2014 | 21:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.