O Burela retoma a competición ante o Gironella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela Pescados Rubén retoma a competición en 2014 ante o Gironella FSF, unha pista tradicionalmente complicada para o conxunto mariñao. O duelo entre catalás e galegas, correspondente á xornada 13 da Primeira División, dispútase o sábado 11 ás 17.30 horas no pabellón municipal de Gironella. 

O Burela Pescados Rubén desprázase a Gironella coa nova incorporación do equipo, Daniela Montoya que poderá debutar “si atopamos o momento adecuado para iso. É unha xogadora que nos pode aportar moitas cosas pero acaba de incorporarse e debemos ser cautos” sinalou o adestrador burelés, Quico Otero. Respecto ao encontro manifestou que “é un partido difícil ante un rival moi competitivo, ordenado, defensivamente forte e con xogadoras de calidade. No seu feudo multiplican as súas virtudes, son o conxunto menos goleado en casa así que debemos estar ao noso mellor nivel para conseguir a vitoria”. 

10 de xaneiro de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.