publicidade hoxe

O Boiro remonta un gran partido ante o Choco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportes
A-
A+

Presaxiábase un duro e igualado encontro no campo municipal de Santa Mariña, onde o líder veríase as caras cun moi bo Choco que non lle poría as cousas nada fáciles. O Boiro contaba coa baixa de Adrián Armental por lesión, pero coa alta imporante de Tachi, que debutaría o seu primeiro partido despois dunha lesión.

A afección do Boiro cantaba sorprendida o primeiro gol, dos máis temperáns da tempada para os de Gelucho, pois se anotou aos dous minutos de que o colexiado indicase o inicio do encontro.

Sería un gran disparo de Padín que batería ao porteiro local e inauguraría o marcador anotando o 1-0.

Tan só dezaseis minutos despois sería Pablo Couñago o que poría as táboas no tenteador anotando o 1-1 tras bater a Mackay. Sería de novo Couñago o que, no minuto 41, lograría enviar o esférico todo o máis fondo da rede boirista tras sacar unha pena máxima que o colexiado sinalou a consecuencia dunha falta cometida por Pedro García dentro da área de Mackay.

Co 2-1 a favor dos locais, Gelucho tería que dar as indicacións adecuadas aos seus pupilos para lograr o empate ou a vitoria.
O Choco sairía máis enchufado na segunda metade e anotaría o seu último gol, o 3-1, e faríao de novo Pablo Couñago. Pero os de Gelucho puxéronse as pilas e conseguiron remontar o partido.

Hugo Soto e Iván González serían os seguintes goleadores do Boiro. O 3-2 lograríao Soto, no minuto 68. Mentres que Iván González puxo o definitivo 3-3 no 75.

O conxunto de Barraña segue líder da categoría tras remontar un gran partido no que estivo á altura do seu rival.
CD Choco (3): Cortegoso, Bastos, Saul Borrego, Lucas, Gonzalo, Manuel (Muíños, min. 81), Yerai, Jose Ramon, Carlos Rodríguez, Currás (Roberto, min. 85) e Pablo Couñago.

CD Boiro (3): Mackay, Paco (Anxo, min. 48), Marcos, Cardeñosa, Rendo, Pedro García, Rubén Marquez, Jacinto, Iván González, Padín (Hugo Soto, min. 59) e Julián (Tachi, min. 48).

Árbitro: Rodríguez Campos. Amoestou, por parte dos locais a: Lucas Fernández, Currás e Pablo Couñago. Por parte do Boiro a: Iván González, Pedro García e Rubén Márquez.

Campo: Santa Mariña. 200 Espectadores.

27 de xaneiro de 2014 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.