publicidade hoxe

O Belén do Tilo amplía o seu horario ata o vindeiro domingo polo elevado número de visitas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

Ante o elevadísimo número de visitas que está a rexistrar o Belén de O Tilo, a asociación cultural decidiu ampliar ata o domingo 12 a súa apertura. Como informaron dende a entidade, o horario durante estes días seguirá sendo o mesmo que se puxo dende a súa inauguración, isto é de cinco a oito da tarde, de luns a sábados, e de once a unha e de cinco a oito, os domingos e xornadas festivas. No caso de visitas de colexios, e previo acordo telefónico no número 669 404 425, a visita poderá ser polas mañás.

Como se lembrará, este Nacemento é un dos máis grandes de Galicia, xa que este ano ocupa un espazo de, nada máis e nada menos, que 70 metros cadrados. Nesta superficie están colocadas arredor de 200 figuras de barro lienzado de entre 17 e 21 centímetros (destas, vinte son móviles), que representan diferentes esceas propias do Belén. Ademais, e como sempre, todo o Nacemento está decorado con materiais naturais.

O Belén de O Tilo, instalado no novo local da entidade –esquina da rúa María coa avenida Federico García Expósito-. A entrada ao Belén de O Tilo é, como sempre, de balde.

7 de xaneiro de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.