O Bar Anduriña de Monforte vendeu parte do primeiro premio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+
E.P.

A dona do Bar Anduriña, na localidade de Monforte de Lemos en Lugo, destacou a súa enorme “alegría” tras repartir parte do primeiro premio do sorteo de ‘O Neno’, co número 76.254  e que venderon varios establecementos da localidade.

A dona deste local, Liberdade González, sinalou que están “moi contentos” e que o premio estivo “Moi repartido” pola localidade.

Aínda que non puideron cuantificar de momento a canto ascende o total das vendas, destacou que “moitísima xente” acudiu ao establecemento ha celebrar o e si confirmou que venderon “moitas tiras” co número agraciado. “Viñeron moitos clientes, todos estamos moi contentos”, engadiu.

6 de xaneiro de 2014 | 14:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.