O Azkar prepara o partido de Copa Xunta do domingo en As Pontes
No día de hoxe, e con dobre sesión de adestramentos, o primeiro equipo do Azkar Lugo FS retoma o traballo tras gozar dunha semana de descanso no que actualmente é o parón liguero en primeira división provocado polo Europeo de seleccións que mañá martes arrinca en Amberes (Bélgica).
Os lucenses comezaron así a adestrarse nesta considerada mini pretemporada e ademais este domingo (18:00 horas – Pavillón Municipal de As Pontes) disputarán unha nova competición oficial como será o partido da eliminatoria dos cuartos de final da Copa Xunta de Galicia.
No reinicio das sesións tres foron as ausencias. Jandri, que está á espera de poder operarse do menisco do seu xeonllo dereito nunha operación que fora programada para o día de hoxe pero que debido a un proceso vírico sufrido polo xogador non se puido levar a cabo. Doutra banda tampouco puido adestrarse Diego Núñez, que sufriu no día de onte un accidente de tráfico, sen consecuencias graves, e que lle impide adestrarse. Finalmente tampouco se adestrou Óscar Iglesias que se reincorporará mañá ao traballo tras sufrir un atraso nun voo ao regreso das súas vacacións.
Horarios de adestramentos:
Luns 27:
12:00 horas: sesión física (Centro Deportivo Terra).
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).
Martes 28:
10:30 horas: sesión específica de porteiros e física (Palacio Municipal).
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).
Mércores 29:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).
Xoves 30:
10:30 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).
19:30 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).
Venres 31:
16:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).
Sábado 1:
10:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).
Domingo 2:
15:30 horas: saída cara á As Pontes (Centro Deportivo Terra).
18:00 horas: eliminatoria cuartos de final da Copa Xunta de Galicia (Pavillón Municipal das Pontes).











