O Azkar Lugo xogará ante o Esteo os cuartos de final da Copa Xunta
Este fin de semana, tralo partido ante ElPozo Murcia, a 1ª división da LNFS paralízase debido á disputa do Europeo de seleccións en Bélgica. Durante ese parón o Azkar Lugo FS ten previsto seguir competindo con diferentes compromisos entre os cales atópase o partido dos cuartos de final da Copa Xunta de Galicia de fútbol sala e así o domingo 2 de febreiro a partir das 18:00 horas no Polideportivo Municipal de As Pontes ante o O Esteo FS, eliminatoria a partido único.
Tralo partido de liga deste fin de semana, o plantel gozará dunha semana de descanso e así renovará os adestramentos o luns 27 de xaneiro.
Resto de eliminatorias
As outras tres eliminatorias de cuartos de final terán os seguintes enfrontamentos:
O Parrulo Ferrol – Burela Pescados Rubén
Cidade de Narón – Noia FS
SD Pazos de Borbén – Santiago Futsal











