O Azkar Lugo comeza a prepararse para o derbi contra o Burela Pescados Rubén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Tras iniciar o novo ano con vitoria ante o Peñíscola e gozar de tres días de descanso, hoxe martes o Azkar Lugo regresou ao traballo con dobre sesión de adestramento. Así comezou a preparar o choque da 19ª xornada en 1ª división da LNFS o Azkar Lugo FS, partido que este sábado (18:30 horas – Pavillón Vista Alegre) enfrontaralle ao Burela Pescados Rubén no derbi lucense.

No retorno ás sesións de adestramento, Diego Ríos segue mantendo a baixa de Jose López por lesión mentres que ten as dúbidas para o derbi de Cuco e Iago Rodríguez. O madrileño que se segue recuperando dun proceso vírico que lle impediu xogar o partido liguero ante Peñíscola e o canteirán que sofre molestias nun xeonllo tras un golpe recibido nese encontro. Ambos non puideron exercitarse con normalidade.

Horarios de adestramentos:

Luns 6:
Descanso.

Martes 7:
10:10 horas: sesión específica de porteiros e técnico-táctica (Municipal).  19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Mércores 8:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Xoves 9:
19:30 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Venres 10:
10:40 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Sábado 11:
15:30 horas: saída cara a Burela (Centro Deportivo Terra).
18:30 horas: 19ª xornada de liga: Azkar Lugo FS – Santiago Futsal (Pavillón Vista Alegre).

Domingo 12:
Descanso.

7 de xaneiro de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.