O Auditorio Municipal de Ourense albergará unha Gala Benéfica en favor da Cruz Vermella
Esta mañá presentouse a Gala Benéfica que se celebrará o vindeiro sábado no Auditorio Municipal. Será a partir das 19 h, e as entradas teñen un prezo de 3 €. Esta actividade realízase coa finalidade da recadación de fondos para a campaña da Cruz Vermella de Ourense “Ahora + que nunca”, dirixido aos proxectos de Infancia que desenvolve a institución.
En total son cinco os grupos que actuarán a tarde do sábado: Auriam Heep, Amistad, Funçao, Swiss Cottage e Etiqueta Negra.
Na presentación estiveron a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, acompañada de Javier Vaz, promotor desta iniciativa, e tamén representantes da Cruz Vermella de Ourense. As entradas pódense adquirir na Cruz Vermella ou no propio Auditorio Municipal desde dúas horas antes do comezo da actuación.











