O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá o espectáculo “keTkajas”
O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá este sábado, 25 de xaneiro, o espectáculo “keTkajas”, da compañía Barafunda. A función dará comezo ás 20 horas con entradas a 2,5 euros. Un espectáculo divertido para toda a familia e, en especial, para os máis pequenos, que lle dará unha volta de rosca ás rutinas máis cotiás do baño, xa que o aseo matutino pode converterse nunha auténtica odisea se o fai o paiaso Pico.











