O Auditorio Municipal de Cedeira acolle a representación “A Casona”
O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá mañá sábado, 11 de xaneiro, a representación da peza “A Casona”, da compañía Teatro del Andamio. Con entradas a 2,5 euros, a función dará comezo ás oito do serán. O público poderá disfrutar dunha comedia delirante e ocorrente con personaxes estereotipados, esaxerados ata o límite, que permite ver profundos traballos actorais. Así, a obra narra a historia de Doura e Lita, dúas vellas que herdaron de Felicitas, antiga dona da Casona, esta mansión. Unha relación de amor-odio úneas e sepáraas, pero seguen xuntas só para quedarse coa Casona, ata que un día soa o timbre e chega a Igrexa… única e lexítima herdeira de Felicitas.











