O Auditorio Municipal de Cangas presenta a súa programación trimestral
Este sábado houbo a presentación en roda de prensa da programación trimestral do Auditorio Municipal. O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura José Luís Gestido acompañado do director do centro Juan José Pérez. Gestido sinalou o compromiso do goberno local coa cultura “presentando un trimestre máis unha programación variada e para todos os públicos, cunha aposta clara polo teatro” declarou. Ademais anunciou que “está confirmado co recoñecido cantautor Amancio Prada realizará unha para en Cangas no mes de maio dentro da súa xira por toda Galicia”, “aínda que non está pechada a data” engadiu. “En definitiva e pese as dificultades hoxe presentamos un programa amplo é variado cunha oferta cultural digna para todo o público cangués” recalcou.
Esta fin de semana comeza a programación co espectáculo ‘As do peixe’ da man da compañía teatral Abrapalabra que está tendo excelente acollida por toda Galicia tanto por parte do público como da crítica constituíndo sen dúbida a proposta estrela da temporada teatral en Galicia. Escrita e dirixida por Cándido Pazó e con a actriz Susana Dans, Rocío González e as canguesas Mónica Camaño e Casilda Alfaro no reparto.
O sábado 25 a compañía viguesa Avento representará para os máis pequenos ‘Laranxus 7’, un espectáculo de títeres dirixido a público infantil no que se tratan temas como a ecoloxía, a tolerancia, a amizade e a solidaridade. O 1 de febreiro Pinga Teatro representará a obra ‘Ego’, espectáculo protagonizado polo morracense Fran Paredes.
Por outra parte o 8 de febrerio o Auditorio Municipal acollerá a outro dos filóns da produción teatral galega coa obra ‘Sede de Mal’ da compañía Boneca Lareta cos populares e televisivos actores Luís Iglesias e Xabier Deive. Ao día seguinte a compañía Bola Mágica presentará a súa primeira produción coa obra ‘Bola Mágica’, un espectáculo infantil interpretando o papel principal o popular artista Cristian de Samil.
Tamén resulta moi salientable a representación do espectáculo ‘A bela adormecida’, ballet en dous actos con música de Tchaikovski e adaptación coreográfica da directora do Centro Coreográfico Galego Mercedes Suárez.
Outras actividades
Ademais na programación recóllese o visionado de varias películas e documentais dentro da actividade do Cine Club Cangas entre as que destacan: “Martes despois de Nadal”, “Entreparadas”, “Tabú”, “Mud”, “A puerta fría”, “A bicicleta verde” ou “O estudante”.
Tamén os centros educativos teñen protagonismo con varias representacións teatrais en inglés así como cunhas xornadas de orientación educativa dirixida ao alumnado do bacherelato do Morrazo.
O 24 e 25 deste mes o Auditorio acollerá unhas xornadas de TDHA coa participación de docentes e políticos responsables desta área onde buscarase o establecemento dun protocolo de resposta común ante o reto que supón para a comunidade educativa a existencia dun 5% do alumnado que sofren o coñecido como Trastorno de Hiperactividad y Déficit de Atención.
Hai previsto o 16 de marzo a celebración dun festival benéfico a favor da asociación Adicam. En canto a exposicións habra a finais de xaneiro unha de fotos e de obxectos do colectivo Punto 11 baixo o nome “Es un día en Australia”, unha exposición de pintura de Rafael Ángel Pintos co título “Abráse visto” e a mostra colectiva de artistas europeos “2éme Salon Européen et 15éme Salon Internacional à Cangas”.











