O Auditorio Municipal de Cangas acollerá a representación de “As do peixe”
O Auditorio Municipal de Cangas acolle a representación da obra “As do peixe” o venres, 17 e sábado, 18 (ás 21:00 horas) e domingo, 19 de xaneiro (20:00 horas).
UN ESPECTÁCULO QUE HONRA A MEMORIA DAS MULLERES DA CONSERVA
Catro mulleres, ex-traballadoras dunha desaparecida fábrica de conservas, acoden a un “taller da memoria” e, ao tempo que reconstrúen parte da súa experiencia laboral, rememoran pasaxes da súa vida persoal e familiar, comentan aspectos da actualidade e expresan as súas ilusións ou desconfianzas no futuro.
Escrito por Cándido Pazó (tomando como punto de partida entrevistas a extraballadoras realizadas polas actrices, baixo a dirección de Cristina Domínguez da Pena), o texto é unha sucesión de cadros onde se mistura realismo e ficción teatral, emoción e artificio, coa combinación de drama e humor que caracteriza os seus textos máis coñecidos (A piragua, Binomio de Newton, García, E ti que vés sendo?) para establecer unha comunicación amena e emotiva co público.
Autor: Candido Pazó
Dirección: Cristina Dominguez da Pena
Elenco: Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Rocío González
VENDA DE ENTRADAS:
Anticipada: Reserva de entradas chamando o teléfono: 605 263 755.
O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio (2 horas antes do comezo da función).
PREZOS:
Anticipada: 8€. (DESCONTO DE 2€).
O mesmo día da función: 10€.











