O auditorio do Carballiño acolle “Cinderela Mix”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Carballiño
A-
A+

 O auditorio do Carballiño acolle o sábado 1 de febreiro, ás 17.30 h. o espectáculo Cinderela Mix

Cinderela Mix

Por que as fregonas falan en verso? Por que os pes discuten entre eles? Que e agocha tras desa pequena fiestra? Porque asubía o papel de cociña…?

Chisco, Mucha e Moncho son tres limpadores que comezan unha nova xornada de traballo. Mais hoxe, con tanta sorpresa, vense cautivados nunha historia que lles leva a xogar, a enredar, a mesturar, a compartir… Pero se están no conto da Cincenta!

Pois claro. É que Cinderela Mix é unha brincadeira con esa historia que todos coñecemos.

Coa maior sinxeleza, empregando os seus utensilios de limpar, o propio corpo e as sombras, os tres compañeiros xogan a encarnaren os diferentes personaxes.

As súas miradas cheas de ilusión, de tenrura, de poesía, de cor, de música, de humor, estimulan a imaxinación do espectador, conseguindo a complicidade e a diversión tanto de pequenos como de adultos.

29 de xaneiro de 2014 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.