publicidade hoxe

O Auditorio da Cañiza acolle a II Edición do Festival “Á Caza do Folclore”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaCalendario
A-
A+

A Asociacion Cultural Furafollas de Oroso organiza en colaboración co Concello de A Cañiza a II edición do certame ” Á Caza do Folclore”, un concurso que naceu o pasado ano co obxectivo principal de por en valor as nosas tradicións culturais e musicais e difundir a riqueza musical da nosa zona. Neste encontro participarán 6 agrupacións que competirán amigablemente entre sí para demostrar quen son os mellores.

O certame comezará ás 5 da tarde no Auditorio da Casa de Cultura e está previsto que finalice sobre as 20h00, momento en que se procederá á entrega de premios e agasallos polo Alcalde de A Cañiza e unha representación da Asociación Cultural Furafollas, principal organizadora deste acto.

O Xurado elexirá entre os participantes que terán que interpretar 3 pezas musicais: dúas pezas de baile e unha terceira instrumental.

GRUPOS PARTICIPANTES:

– Airiños da Lagoa ( Baiona)

– Rebulir ( Ramirás)

– Muiños de Oliveira ( Ponteareas)

– Do Lusco o Fusco ( A Guardia)

– Asociación Cultural e Deportiva Santa Cristina de Valeixe  (Valeixe – A Cañiza)

– Asociación Cultural Furafollas de Oroso  ( Oroso – A Cañiza)

23 de xaneiro de 2014 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.