O alumnado do curso de fotografía dixital de Monforte presenta os seus traballos
A exposición fotográfica dos ALUMNOS DO CURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL é unha actividade enmarcada na programación da Delegación de Cultura do Concello de Monforte no OUTONO FOTOGRÁFICO 2013.
O curso tivo lugar nos derradeiros meses do ano 2013 baixo a tutela do fotógrafo monfortino Jesús Rodríguez Montero.
Nesta exposición e a través de diversas imaxes fotográficas, o alumnado que asistiu ó curso mostrará o resultado das ensinanzas recibidas.
A presentación das súas fotografías levarase a cabo entre o martes día 7 e o venres día 24 de xaneiro do 2014 na sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de Monforte. O horario da exposición será de luns a venres de 9:00 a 11:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Este sábado día 4 de xaneiro terá lugar a apertura da exposición, ás 12:00 horas na Casa da Cultura.











