O alcalde de Ponte Caldelas analiza co Delegado Territorial as melloras de seguridade viaria no centro urbano

O rexedor de Ponte Caldelas na reunión con Cores Tourís
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá ao alcalde de Pontecaldelas, Perfecto Rodríguez, con quen analizou a necesidade de continuar coas melloras de seguridade viaria no concello pontevedrés.
O alcalde do municipio trasladoulle a Cores tourís a necesidade de executar, a lo menos, dous novos pasos elevados de peóns no centro urbano do concello. Un destes pasos situaríase na avenida de Pontevedra, no tramo urbano da estrada autonómica PO-532 mentres o segundo situaríase na intersección entre as rúas Brasil e Concepción Arenal.
“A avenida de Pontevedra é un eixe transversal do núcleo urbano de Ponte Caldelas con moito tráfico”, explicou o rexedor, “ademais tamén é moi transitada por peóns que teñen que cruzala para dirixirse tanto ao colexio como ao instituto que se atopa na zona, onde tamén hai unha gardería, un parque infantil e unha ludoteca”.
Na reunión, na que tamén estivo presente o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez, o delegado territorial trasladoulle a Perfecto Rodríguez o interese da Xunta de Galicia por continuar a executar melloras de seguridade viaria no centro urbano deste municipio. “Hai que recordar que xa elevamos tres pasos de peóns situados nas rúas da Ponte e López Boullousa, aproveitando a reforma da estrada PO-255 entre Ponte Caldelas e Caritel”, engadiu Cores Tourís.
Deste xeito, segundo apuntou o delegado territorial, los técnicos da Xefatura Territorial de Medio Ambiente acudirán ata a localidade para avaliar a execución de estes dous pasos de peóns.











