O Alcalde de Narón recibe á nova directiva da Asociación de Veciños de O Feal

Reunión do alcalde de Narón coa asociación veciñal
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recibiron hoxe no Concello á nova directiva da Asociación de Veciños de O Feal.
Esta nova agrupación foi constituída a finais de decembro de 2013, logo de que a asociación pasase varios anos sen ter xente ó seu fronte. Os novos encargados de reflotala e de organizar actividades son as seguintes persoas:
Presidente: Borja Barcia.
Vicepresidente: Margaret Vilas.
Secretaria: Raquel Lamas.
Tesorera: Mónica Vilas.
Vocais: Daniel Vilas, Juan Prados, Amador Vilas, Fernando López e Ana Belén Vilas.











