O alcalde de Cangas e o director de infraestructuras da Deputación reuniranse cos veciños da avenida de Lugo Boubeta
Mañá mércores día 29 ás 19:00 horas o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo acompañado polo director de infraestruturas da Deputación de Pontevedra Manuel González Juanatey, reunirase no salón de plenos do concello cos veciños da Avenida de Lugo e Boubeta para explicarlles as características das obras de ampliación de beirarrúas que se van a acometer na avenida de Lugo e Boubeta.
Estas actuacións enmárcanse dentro do proxecto “Urbanización E.P. 1001 Cangas-Coiro-Magdalena” promovido polo Concello de Cangas e a Deputación de Pontevedra.











