O 27 de xaneiro arrinca a programación nos centros cívicos coruñeses
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Servizos Sociais, lembra que durante os próximos días 7, 8 e 9 de xaneiro, os interesados en participar nas actividades que se desenvolverán en 2014 nos centros cívicos poderán formalizar a preinscrición, en horario de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.00 horas e en devanditas instalacións municipais.
O sorteo público realizarase o día 9 de xaneiro ás 20.15 horas e a listaxe publicarase o día 21. As inscricións serán os días 22, 23 e 24 de xaneiro e as actividades comezarán o luns 27 de xaneiro. Entre os requisitos figuran: Os interesados terán que estas empadroados no Concello da Coruña, ter a idade recomendada para a actividade, non apuntarse a máis de tres acciones e, unha vez obtida a praza, abonar a taxa e formalizar a inscrición.
A Concellaría de Servizos Sociais informa de que, durante o 2014, están previstas máis de 300 actividades diferentes, máis de 25.000 horas de programación dirixidas a todos os sectores de poboación e tamén a sectores específicos. Entre as actividades destacan:
– As que levan a cabo na rede de centros cívicos municipais, tanto periódicas como puntuais, nas convocatorias de xaneiro a xuño e de setembro a decembro.
– Os campamentos de verán e Nadal.
– O programa de envellecemento activo.
– O programa municipal de prevención de adiccións.
– Actividades dentro do Programa LGTB.
– Conmemoración de días internacionais.
– Sábados cívicos.
– Corais dos centros cívicos municipais.
Ademais, poranse en marcha talleres específicos como a aula CEMIT ou os talleres de intervención de dificultades na linguaxe ou o seminario de ciencias para alumnos de ESO, dirixidos a menores con dificultades de aprendizaxe.
O obxectivo principal do departamento que dirixe Miguel Lorenzo é o de ofrecer alternativas de ocupación do lecer e tempo libre á cidadanía, con actividades deseñadas para todos os gustos e idades, pondo especial atención nos nenos, pero tamén nos nosos maiores. Neste sentido, volverán as actividades de bailes para maiores nos que participan semanalmente unhas 1.500 persoas.
O orzamento que a Concellaría de Servizos Sociais destina para o desenvolvemento desta iniciativa é dun millón de euros.











