publicidade hoxe

Nuco Losada expón “Sempre nos IV” en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroCalendario
A-
A+

O venres 17 as 20:30 h., a Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro acollerá a inauguración da exposición  “Sempre nos IV”  de Nuco Losada. A mostra estará aberta ao público do 17 de xaneiro ao 12 de febreiro.

Nuco Losada

Nuco Losada Romero naceu en Rianxo no 1945, fai estudios medios, para rematar dedicándose profesionalmente á carpintería de ribeira. Sen embargo, sendo mozo novo, embárcase como mariñeiro mercante, dando varias veces a volta ó mundo. Rematado o seu periplo navegante, vive diversas tempadas en Nova Orleáns, Santo Domingo, Nova Zelandia e outros países de Europa e América antes de regresar a Galicia e retomar a súa profesión orixinal. Será no pacífico austral onde realice a súa primeira escultura: un deus maorí. A súa inquedanza artística é temperá, pero despois de practicar un tempo a pintura, que non o enche, atopa por fin  a canle de expresión: o volume. Estilisticamente cultiva un facer propio no que afonda e investiga con teimosía e seriedade. Pedra arrolada polo mar, aceiro, arame,  madeira, e agora fibra sintética. Como xa se ten dito: “ Para el, a súa obra é un acto de amor entre o autor e a terra.  A súa maior satisfacción, conseguir  emocionar a través da súa obra. O seu peor crítico: el mesmo”.

Exposicións:

* 1997. Encontro cos nosos. Casa de Exposicións “ Casa do Coxo” do Concello de Rianxo

* 1999. Lembrando: cousas da terra. Casa de exposicións “ Casa do Coxo” do Concello de Rianxo.

* 2000. Mostra escultórica. Casa de Cultura Ramón Martínez López do Concello de Boiro.

* 2001. Lembrando: IES Félix Muriel de Rianxo.

* 2002. Sempre nós. Ateneo de Ourense, organizada pola Xunta de Galicia.

* 2002. Sempre nós. Biblioteca Miguel González Garcés A Coruña, organizada pola Xunta de Galicia.

* 2011. Mostra de escultura. Casa de Cultura de Porto do Son.

* 2012. Mostra de escultura. Auditorio de Rianxo.

* 2012. Mostra colectiva  no CEIP Ana Maria Diéguez. Asados.

* 2012. Exposición AIRIÑOS. Asados.

* 2013. Exposición AIRIÑOS. Auditorio de Rianxo.

* 2013. Colectiva no Museo do Gravado de Artes- Ribeira

Ten  museo propio en Rianxo, con mais de duascentas esculturas: museo “De Nós Nuco” ( visitable nas horas de apertura).

15 de xaneiro de 2014 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.