Novo curso de manipulador de alimentos en Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Unha vez máis o Concello de Ordes acolleu a celebración dun novo curso de manipulador de alimentos de cara á obtención do carné profesional. Un requisito inprescindible para poder traballar en sectores como a hostalaría, industrias alimenticias ou en labores que requiran a manipulación de alimentos ou bebidas para o consumo humán. Nesta ocasión máis dunha ducia de veciños e veciñas do municipio acudiron a este curso que tivo unha duración dunha tarde e cuxas clases se desenvolveron na aula de formación ubicada nos baixos da Alameda, na mesma vila de Ordes.

30 de xaneiro de 2014 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.