Nove equipos disputará o Campionato Municipal de Fútbol de Peñas na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Co obxectivo de iniciar os preparativos para a organización dunha nova edición do Campionato Municipal de Fútbol Peñas da Laracha, o Concello convocou unha xuntanza na Casa da Cultura á que asistiron representantes dos conxuntos que participarán no torneo que se disputará neste verán, durante os meses de xuño e xullo.

Neste ano competirán nove equipos despois de que se aceptase, por unanimidade dos presentes, autorizar a inscrición  da Peña Bértoa que, a pesar de levar o nome da localidade carballesa limítrofe, está formada case integramente por xogadores residentes no Concello da Laracha.

Por tanto, as peñas participantes serán Estramil, San Román, San Román Veteranos, Coiro, Soandres Veteranos, Suiza Paiosaco, Canteras El Pozo, Cárnicas Lucho de Paiosaco e Bértoa.

Igual que en anteriores edicións, o sistema de competición será eliminatorias directas a partido único, habendo unha fase previa antes dos cuartos de final, aos que accederán oito conxuntos. Os encontros disputaranse nos campos de fútbol Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco, sempre os sábados pola tarde salvo posterior acordo entre peñas e organización do torneo.

O máximo de xogadores será de 25 por plantilla, dos cales soamente poderán estar federados un máximo de tres.

31 de xaneiro de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.