Nova campaña de “composteiros” en Vedra
A nova campaña de composteiros domésticos posta en marcha polo Departamento de Medioambiente do Concello de Vedra ten unha nova cita o xoves 16 de xaneiro na Biblioteca Municipal, ás 18.00 h. O obxectivo desta campaña de sensibilización é dar respostas ás posibles dúbidas que as persoas usuarias de composteiros poidan ter así como a posibilidade de coñecer o funcionamento destes e/ou solicitar un. Deste xeito poderáselle sacar todo o proveito ao composteiro ou conseguir un.











