Nigrán retoma o curso de reforzo educativo “A volta ao cole”
O Concello de Nigrán, a través da concellaría de Patrimonio, Igualdade e Mocidade, retoma a celebración dun curso de reforzo educativo destinado a persoas adultas. No curso, que será gratuíto para os empadroados en Nigrán, impartirá nocións básicas de matemáticas, lectoescritura, xeografía, etc.
Para máis información e/ou inscricións, as persoas interesadas deberán dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres, na antiga estación de tranvía de Panxón, na Estrada pola Vía número 65, no teléfono: 986 38 30 81 ou a través do correo electrónico cim@nigran.org.











