Neda participa nun programa de deporte adaptado a través da Mancomunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A través da Mancomunidade, o Concello de Neda participa no II Programa de deporte adaptadoinclusivo, que contempla un conxunto de actividades adaptadas a persoas con diversidade funcional e abertas a toda a cidadanía. Conta coa colaboración da Deputación Provincial de A Coruña e a participación é gratuíta. A preinscripción permanece aberta ata o 7 de febreiro e debe formalizarse no seguinte portal web www.comarcaferrolterra.es.

As actividades ofertadas son básket en cadeira de rodas (xoves, hora e media pola tarde no pavillón polideportivo do Ensanche, en Ferrol), boccia (venres, hora e media pola tarde no Centro Público Integrado do Feal, en Narón), tenis en cadeira de rodas (un día á semana hora e media no pavillón polideportivo de Ares) e baile adaptado (luns, en horario de tarde, no local social de Santa Icía). A realización das mesmas está condicionada á existencia de suficiente demanda en cada unha delas. Así mesmo, os usuarios que o precisen, dependendo da súa mobilidade funcional, poderán empregar o transporte adaptado do programa sen custe.

Como requisitos para participar, é preciso estar empadroado nalgún dos municipios que conforman a Mancomunidade e ser maior de nove anos no momento de formalizar a matrícula. Para máis información, a organización pon a disposición dos interesados a web www.comarcaferrolterra.es; o teléfono 981 944 000 ext. 378 e o email lalcala@ferrol.es.

27 de xaneiro de 2014 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.