Nayma Moda Infantil gaña o V concurso de escaparates do centro comercial Estrela de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Dende o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, puxemos en marcha dende o 12 de decembro ao 07 de xaneiro de 2014, ambos inclusive, a V EDICIÓN DO CONCURSO DE ESCAPARATES, na que participaron 11 establecementos.

A dinámica do concurso era moi sinxela, xa que a través do perfil de amigo do facebook de Estrela de Marín, se creou un álbum coas fotografías dos escaparates participantes.

Pois ben unha vez rematado o prazo para poder votar, o escaparate gañador foi de Nayma Moda Infantil con 130 votos, seguido da Perruquería Ana Budiño con 88 votos.

Os representantes dos dous establecementos recollerán os seus premios, o venres día 10 ás 13 horas, na sede social.

9 de xaneiro de 2014 | 10:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.