“Música a la carta” chega ao Auditorio Municipal de Ribadumia cun espectáculo interactivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRibadumia
A-
A+

A concellería de Cultura de Ribadumia propón para este fin de semana,  o domingo 19, as 19:00 horas,  no Auditorio de Ribadumia, un espectáculo para toda a familia, que permite aos asistentes ser os protagonistas. Jorge Rial en guitarra e voz e Frank Torres en sampler e teclados, conforman “Música á Carta”, un espectáculo interactivo co público, onde os espectadores poden elixir a súa canción preferida, escoitala, dedicala e subir o escenario a cantar se o desexan.

Cun repertorio de máis de 100 cancións de autores variados: Juanes, Joaquín Sabina, The Police, Jarabe de Palo, Nacha Pop, Queen, Elthon John, Alejandro Sanz e máis.

Música á Carta é habitual en diversos pubs, restaurantes, hoteis e festas de toda Galicia: Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Vilagarcía e moitos outros máis, cun éxito rotundo.

A idea principal deste show diferente, é pasar un intre agradable e divertido, onde a xente sexa a encargada de elixir a música que quere escoitar segundo os gustos do auditorio, conformando así o repertorio que Jorge e Frank poñerán en escena.

A entrada é de balde, as 19:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia.

17 de xaneiro de 2014 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.