Mostra educativo-científica en Gondomar e faladoiro sobre “Creatividade” do enxeñeiro Jesús Fernández Alonso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O evento especialmente orientado a estudantes de 16 anos en diante e aberto ao público en xeral terá lugar o vindeiro xoves 30 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10 baixo, Gondomar).

Desde as 19 horas terá lugar unha mostra “científica-educativa” na que Jesús Fernández amosará os principios técnicos e científicos dos diversos aparellos de intereses.

Segundo adianta o enxeñeiro Jesús Fernánde Alonso, o faladoiro está dirixido a traballar co público diversos elementos que afectan a capacidade creativa das persoas. Para iso terá lugar unha dinámica onde o relator proporá unha “viaxe ó centro da Terra”.

A partir das 19 horas e ata o comezo do faladoiro, Jesús Fernández compartirá unha mostra “educativa – científica” na que amosará os principios técnicos e científicos dos diversos aparellos de interese

29 de xaneiro de 2014 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.