Mos oferta unha excursión ás termas de Monçao para os maiores do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón organiza unha excursión para os maiores do municipio ás Termas de Monçao. Esta excursión está programada para o 23 de xaneiro e o prezo por participante é de 28 euros.

Sobre esta iniciativa a edil responsable declaraba hoxe que “para o colectivo de persoas maiores, deseñamos o programa Tempo de Excursións, que ten como finalidade que as persoas con menos posibilidades de ocio, por falta de iniciativa propia ou por falta da posibilidade de organización/disposición, se lle facilite a través deste servizo a posibilidade para viaxar con xente do seu entorno, coñecer novos lugares, novas culturas, etc.”. Tendo en conta esta demanda e aproveitando os recursos que ofrece o entorno do Concello de Mos, decidiuse organizar unha excursión ás termas de Monçao, en Portugal, viaxe que rematará cunha visita á coñecida feria de Monçao.

Os obxectivos desta actividade son fomentar o ocio saudable, facendo uso dos recursos naturais que ofrece o entorno, impulsar a participación social activa e a integración das persoas na comunidade, previr a soidade, impulsar e dinamizar as relacións sociais, promover o turismo como ferramenta de lecer, aprendizaxe e socialización.

Os beneficiarios da mesma son todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos e maiores de 55 en condición de pensionistas. As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico:omix@concellomos.es. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben descargándoa da web do Concello: www.mos.es.

O prazo de inscrición abriuse onte e rematará o sábado 18 de xaneiro, para elo será imprescindible presentar unha copia da solicitude asinada. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. O día luns 20 de xaneiro farase pública a lista de admitidos

8 de xaneiro de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.