Monforte acollerá a Gala do Atletismo Galego o 24 de xaneiro
O venres 24 de xaneiro, a partir das 20:00 h., celebrarase no salón de actos do Edificio Multiusos do concello de Monforte a Gala Anual do Atletismo Galego 2013.
Nesta Gala outorgaranse distincións ós/ás diferentes atletas, estamentos e organismos atléticos, de acordo cos méritos amosados durante a tempada 2012 – 2013.
Este acto está organizado anualmente pola Federación Galega de Atletismo, que nesta ocasión se decantou polo concello de Monforte para a súa celebración.











