“Mesón O Son de Cociña” de Fene inaugura un concurso de monólogos
“Mesón O Son de Cociña” de Perlío (Fene) inaugura o seu I Concurso de Monólogos. O certame está aberto á participación de maiores de 16 anos que poderán formalizar a súa inscrición por internet en fifiseijo@hotmail.com ou por correo postal certificado en formato dvd a Avda. Marqués de Figueroa, nº 73 – Perlío (Fene) – 15500 A Coruña. A data tope de presentación será o 31 de xaneiro.
O monólogo deberá ser humorístico e de tema libre, cunha duración entre 15 e 30 minutos por participante e valorarase a orixinalidade do texto. A selección dos monólogos que se presenten a concurso determinará os finalistas que participarán nunha final presencial na noite do venres 14 de marzo.
Os premios serán de 150 euros para o primeiro clasificado, 100 euros para o segundo e unha botella de viño para o terceiro.











