publicidade hoxe

Mesón de Herves, Restaurante España, Restaurante Lusitano e El Mosquito galardoados cos XX Premios de Gastronomía de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralLalínLobiosLocal PortadaLugoVigo
A-
A+

Iago Castrillón e Eva Pizarro de Restaurante Acio de Santiago e o Restaurante Carballeira de Lleida obtiveron o recoñecemento como profesionais que máis se destacaron na potenciación da Cociña Galega dentro e fora de Galicia AMEGROVE e a IXP “Pan de Cea” foron recoñecidos pola contribución á potenciación da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos

María Jesús Espiñeira de Mesón de Herves en Carral (A Coruña); Franscisco López de Restaurante España de Lugo (Lugo); Javier Silva de Restaurante Lusitano de Lobios  (Ourense) e Carmiña Valverde de Restaurante El Mosquito de Vigo (Pontevedra) alzáronse este ano cos XX Premios de Gastronomía de Galicia ao labor de “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación especial destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas.

Iago Castrillón e Eva Pizarro de Restaurante Acio de Santiago de Compostela recibiron ao Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da Cociña Galega en Galicia e José Ángel Rodríguez de Restaurante Carballeira de Lleida obtivo o Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da cociña galega fóra de Galicia.

Tamén foron recoñecidos a Sociedade Cooperativa Galega AMEGROVE como empresa que máis contribuiu á promoción da gastronomía galega e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida “Pan de Cea” como entidade que máis contibuiu a promoción da nosa gastronomía.

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández presidiu o xurado dos Premios, no que este ano se incorporou a “Asociación Nove Grupo Gastronómico” con presenza do seu presidente, Miguel A. Campos e de Manuel García Costiña, membro da directiva deste prestixioso colectivo de cociñeiros.

Un xurado no que tamén estiveron presentes os representantes das asociacións “Amigos da Cociña Galega”, José González Solla; “Club Gastronómico Rías Altas”, José Martínez Vidal; asociación gastronómica “Xantares”, Alfredo Castrelo Vázquez; “Lareira”, Luis Blanco Reigada;  José Luis Iglesias González, membro de Eurotoques, Lareira e Xantares; o delegado en Galicia de Eurotoques, José Antonio Rivera Casal, ademais do secretario xeral do Concello, César López Arribas.

A entrega dos XX Premios de Gastronomía de Galicia, organizados polo Concello de Lalín en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia terá lugar na Gala de Gastronomía de Galicia que se celebrará o venres, 21 de febreiro no “Lalín Arena” e que será retransmitida en directo pola TVG.

O grupo NOVE, como parte do xurado por primeira vez, solicitou a incorporación dunha nova categoría para a vindeira edición na que se recolla o recoñecemento á “Calidade en Orixe dos produtos” e que serviría para recoñecer aos mellores produtores en orixe do que se abastecen as cociñas galegas.

21 de xaneiro de 2014 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.