Meira acolle unha charla informativa para previr atropelos
O Concello de Meira organiza unha charla informativa para a prevención de atropelos de persoas maiores. A charla terá lugar o venres 7 de febreiro, ás 12.00 h. da mañá na Casa da Cultura de Meira. Os asistentes recibirán como obsequio un chaleco reflectante.